Compliance penal
Compliance penal

Cegasal e Aeiga abordan a implantación do Compliance penal nunha xornada online

  • A formación, impartida por Marca Franca, celebrarase o vindeiro 27 de setembro de 10:00 a 12:30 horas
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024. A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga) organizan o vindeiro venres 27 de setembro, de 10:00 a 12:30 horas, a xornada online 'Implantación do Compliance penal en entidades de economía social'.

Finalidade

O encontro ten como propósito reunir a profesionais e representantes de organizacións da economía social interesados en fomentar a conciencia e as prácticas éticas nas súas entidades, axudándolles a previr riscos. Abordarase a actualización normativa a partir das obrigas da publicación da Lei 2/2023 en referencia ao sistema de comunicación interno de denuncias.

Os obxectivos da sesión poden resumirse en:

  • Proporcionar ferramentas e recursos prácticos para a elaboración e seguimento de programas de Compliance penal adaptados á realidade das empresas de economía social.
  • Comprender a lexislación sobre responsabilidade penal das persoas xurídicas en España e entender como pode afectar á empresa.
  • Entender os documentos e procesos chave dun programa de cumprimento.
  • Identificar os principais desafíos e oportunidades na implementación de medidas de Compliance penal en empresas de economía social. •
  • Facilitar o networking, a colaboración e as sinerxías empresariais, propiciando interaccións, conexións e posibles alianzas estratéxicas entre as persoas asistentes con intereses afíns.

Programa

10:00-10:10 Apertura. Benvida e presentacións

10:10-10:45 Presentación inicial sobre o contexto e a importancia do Compliance penal en empresas de economía social

10:45 -11:15 Definición e posta en marcha dun Programa de Cumprimento

11:15 – 11:30 Networking virtual en salas temáticas. Oportunidade para interactuar e establecer conexións profesionais

11:30 – 12:00 Experiencias. Panel de expertos e casos prácticos de empresas que implementaron con éxito a canle de denuncias

12:00 – 12:15 Dúbidas e preguntas

12:15 – 12:30 Peche e conclusións

Participantes

A xornada está dirixida a profesionais e representantes de organizacións de economía social.

Para poder asistir, deben cubrir o seguinte formulario.

A participación no encontro é gratuíta.

Organización

Este evento forma parte do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Para máis información, poden contactar con Cegasal a través do correo electrónico info@cegasal.com ou nos teléfonos 673 042 029 / 647 861 119.